INNOVAFETS

PID-INNOU-2022

Proxecto de Innovación Docente PID-INNOU-2022

RR 20 de maio de 2022, concesión de Proxectos Piloto de Innovación Docente en Facultades e Escolas da Universidade de Vigo

+ 30 Docentes

8 Departamentos

8.500€

Coordinación: Xosé Manuel Cid Fernández

Equipo de Coordinación:

  • Almu Alonso Ferreiro
  • Nuria Diéguez García
  • Rubén González Rodríguez
  • Ana Iglesias Álvarez
  • Isabel Mociño González
  • Manola Raposo Rivas
  • Breogán Riobóo Lois
  • Juan Luis Rodríguez Rodríguez
  • Carmen Verde Diego
  • María Ainoa Zabalza Ceredeiriña
Cadro con dinámicas de cohesión e estruturas cooperativas
Dinámicas de Cohesión e Estruturas Cooperativas do curso 2022-2023

O proxecto parte da importancia de repensar o traballo no claustro, tamén na educación superior. Trátase dun proxecto que busca crear espazos para reflexionar xuntas e compartir percorridos educativos e académicos entre compañeiras e compañeiros, de xeito que poidamos transitalos xuntas.

O proxecto se centra na mellora da docencia universitaria incidindo nas metodoloxías activas, empregadas de xeito frecuente polo PDI da FETS na súa práctica educativa. Ponse o foco na Aprendizaxe Cooperativa, base á súa vez de outras metodoloxías activas.

O desenvolvemento do proxecto estructúrase en 4 fases, cíclicas, que inciden na formación do profesorado e na creación de dinámicas e seminarios internos para consolidar o traballo en equipo da equipa docente ao tempo que o alumnado aborda as materias dos Graos traballando en equipos cooperativos.

Persoas reunidas en torno a unha mesa de traballo
Xuntanzas do Profesorado e Equipos de Traballo
Persoas en ágora compartindo
Formación Permanente do PDI con especialistas
Grupo de xente no exterior, na ría da cidade de Pontevedra
Accións conxuntas e relación coa comunidade

 

Avaliación do Alumnado (n= 698) e do Profesorado a través de frases incompletas

PUBLICACIÓN PENDENTE EN ANDAVIRA

APRENDIZAXE COOPERATIVA EN DIFERENTES CONTEXTOS: VOCES DENDE A EXPERIENCIA