Proxecto de Innovación Docente PID-2022-INN01-FETS
+ 30 Docentes
8 Departamentos
8.500€
Coordinación: Xosé Manuel Cid Fernández
Equipo de Coordinación:
- Almu Alonso Ferreiro
- Nuria Diéguez García
- Rubén González Rodríguez
- Ana Iglesias Álvarez
- Isabel Mociño González
- Manola Raposo Rivas
- Breogán Riobóo Lois
- Juan Luis Rodríguez Rodríguez
- Carmen Verde Diego
- María Ainoa Zabalza Ceredeiriña
O proxecto parte da importancia de repensar o traballo no claustro, tamén na educación superior. Trátase dun proxecto que busca crear espazos para reflexionar xuntas e compartir percorridos educativos e académicos entre compañeiras e compañeiros, de xeito que poidamos transitalos xuntas.
O proxecto se centra na mellora da docencia universitaria incidindo nas metodoloxías activas, empregadas de xeito frecuente polo PDI da FETS na súa práctica educativa. Ponse o foco na Aprendizaxe Cooperativa, base á súa vez de outras metodoloxías activas.
O desenvolvemento do proxecto estructúrase en 4 fases, cíclicas, que inciden na formación do profesorado e na creación de dinámicas e seminarios internos para consolidar o traballo en equipo da equipa docente ao tempo que o alumnado aborda as materias dos Graos traballando en equipos cooperativos.
Avaliación do Alumnado (n= 698) e do Profesorado a través de frases incompletas
PUBLICACIÓN PENDENTE EN ANDAVIRA
APRENDIZAXE COOPERATIVA EN DIFERENTES CONTEXTOS: VOCES DENDE A EXPERIENCIA